Os equipos eléctricos tomaron o Punto Limpo

Reciclaxe
M. Manteiga
Instalacións do Punto Limpo amesán no polígono. Foto: CA

Ames. O Punto Limpo amesán rexistrou 546 entradas en decembro do pasado ano, destacando a achega de 2.874 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 190 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 115 quilogramos de baterías de chumbo. Este servizo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no polígono do Milladoiro, e abre de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas. Os sábados o horario é de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao número de teléfono 981 536 688. Hai que suliñar, ademais, que o Concello de Ames puxo en marcha nos últimos anos varias campañas de concienciación. Durante o pasado ano 2020 as concellerías de Servizos Básicos e de Transición Ecolóxica realizaron a campaña Non nos merecemos isto. Trátase dunha iniciativa de sensibilización para concienciar á veciñanza sobre a importancia de depositar os voluminosos (mobles e aveños) no Punto Limpo da localidade. Sumouse, ademais, a outras como Cada cousa no seu sitio! ou ASÍ NON. Lévaos ao Punto Limpo #CoidaAmes postas en marcha no anterior mandato. O mencionado servizo municipal está está situado na rúa das Hedras do polígono, e ata alí pode achegarse toda a veciñanza para desfacerse daqueles obxectos e materiais que non van aos colectores. m.m.