Os mozos de Boqueixón e Vedra volven de Ibiza tras días de intercambio

Campamentos
Claudina Estévez
Os mozos e mozas de Vedra e Boqueixón en Ibiza. Foto: C.V.

VEDRA. Un total de 32 mozos e mozas de Vedra e Boqueixón estiveron en terras ibicencas entre os días 5 e 12 de xullo. Esta viaxe estivo enmarcada nun intercambio xuvenil, xa que anteriormente 25 mozos chegados de Ibiza, de entre 16 e 18 anos de idade, estiveron en Vedra e Boqueixón. Por certo que dende o municipio vedrés están en marcha tres campamentos, polo que os rapaces e rapazas non teñen tempo de aburrirse. Así, o Campus Deportivo Club Olímpico de Vedra enche o velódromo municipal de contido deportivo nas mañás deste mes. Tamén está en activo o Acamparte da ANPA CEIP Ortigueira, a alternativa máis artística e cultural que fai as delicias da cativada nas instalacións do CEIP Ortigueira. Por último, a Escola Ambiental de Amabul propón un ano máis na Casa das Artes os seus campamentos. C.E.