Os nacionalistas piden melloras na derivación do río Sar en Padrón

Obras
S. E.
Beatriz Rei do BNG de Padrón

Padrón. O BNG de Padrón, a través da súa concelleira, Beatriz Rei, presentou unha moción na que solicita melloras nas pistas do canal de derivación do río Sar. En concreto, solicita pintar unha franxa lateral (compatible coa circulación de maquinaria agrícola), a modo de paso de peóns ao longo da pista.

Tamén quere que se mellore a sinalización tanto vertical como horizontal, con imaxes de peóns pola pista, como se fai no paseo da pista do canal reservada a peóns e ciclistas, e que impida que os vehículos circulen a alta velocidade, así como mellor iluminación nestas vías. s. e.