Os obradoiros de Nadal de Brión apoiarán a conciliación familiar

Están dirixidos unicamente a familias que non teñan outra opción para deixar aos fillos/as // As preinscricións deben facerse antes dos 30 de novembro
conciliación
Redacción WEB
O centro comecial Monte Balado, en Brión, será o espazo no que se desenvolverán os obradoiros de Nadal.

Brión. O Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca os seus obradoiros de Nadal que, con motivo da pandemia do covid-19, estarán dirixidos única e exclusivamente a familias empadroadas no municipio nas que o pai e nai traballen (ou un deles nas monoparentais) e non teñan outra opción para deixar aos rapaces.

Os obradoiros terán lugar os días 23, 28, 29 e 30 de decembro, así como o 1, 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 7:30 a 15:30 horas. Poderán participar nenos e nenas entre 3 e 12 anos empadroados en Brión. As actividades terán lugar no centro comercial Monte Balado e a cota decidirase en función da renda familiar.

Inicialmente, o Concello de Brión convoca 20 prazas, se ben os obradoiros organizaranse en grupos más reducidos, dividindo á rapazada por idades para que as actividades que se realicen estean adaptadas a eles: plástica, natureza, música, artesanía... Estas actividades realizarnse tendo en conta os protocolos de seguridade indicados polas autoridades sanitarias.

As preinscricións poderán facerse a través do mail actividadesbrion@gmail.com ou no 981 50 99 08 antes do 30 de novembro, xa que despois dependerá da dispoñibilidade de prazas nos grupos que se conformen.