Padrón conmemora a concesión do Nobel a Cela xuntando a 17 escritores

Literatura
María Rendueles
Autoridades e escritores na Fundación. Foto. X. G.

Padrón. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou este mércores na conmemoración do 33 aniversario da entrega do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela, sucedida o 19 de outubro de 1989. Programa, que ten como punto central a Fundación Pública Camilo José Cela, e inclúe o IV Encontro de Escritores de Iria Flavia e a inauguración da exposición Se acabó el divagar sobre a ópera prima do autor padronés La Familia de Pascual Duarte. Segundo o representante de Cultura, estas actividades supoñen unha “gran oportunidade para poñer en valor o legado de Cela e achegar o seu legado e figura á cidadanía”. Lorenzo referiuse ao autor padronés como “un galego universal” e un “namorado da súa terra”. Explicou que a celebración desta efeméride está enmarcada no amplo abano de actividades organizadas polo Goberno galego ao longo deste ano con motivo do vixésimo aniversario do pasamento do autor. Entre as actividades celébrase o IV Encontro de Escritores de Iria Flavia, unha iniciativa que reúne a 17 autores: Antonio Álamo, Ángela Vallvey, Blanca Riestra, Care Santos, Carlos Castán, Celso Castro, Estíbaliz Espinosa, Fernando Ontañón, Gabriela Bustelo, Gloria Méndez, José Antonio Ponte Far e José Miguelto. maría rendueles