Padrón dá luz verde a un orzamento de 9,5 millóns

Orzamentos 2022
ARCA
Un momento da sesión plenaria celebrada en Padrón

Padrón. O Concello de Padrón aprobou este venres no pleno os maiores presupostos da súa historia, cun montante que se achega aos 9,5 millóns de euros e que destinan a investimentos preto de 1,2 millóns. Para o alcalde, Antonio Fernández Angueira, trátase dun “orzamento histórico de reconstrución social e económica” do municipio.

Ademais da partida destinada a investimentos, que se achega aos 1,2 millóns de euros, Antonio Fernández destacou o forte incremento da partida destinada a asistencia a persoas dependentes e familias desfavorecidas, que pasa de 340.000 a 480.000 euros, incrementándose un corenta por certo.

Na partida de investimentos, o alcalde padronés resaltou as obras de pavimentación e canalización de pluviais no polígono da Picaraña ou o acondicionamento interior da antiga casa Azucarera para trasladar aí a Escola municipal de Música, xunto co asfaltado e os arranxos de vías nas diferentes parroquias do municipio.

Pola súa banda, a concelleira do BNG, Bea Rei, criticou uns orzamentos de “corta e pega que non presentan solución a ningún problema do Concello, pero que tampouco reflexan nin investimento nin proxecto de futuro”. arca