Padrón distinguirá a Xesús Palmou como Peregrino de Honra

O alcalde entregaralle
o cuarto galardón
nun acto na igrexa parroquial de Santiago
Distinción
ARCA
Xesús Palmou, director da Academia Xacobea

Lalín. O Concello de Padrón distinguirá a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea, como Peregrino de Honra no transcurso dun acto que terá lugar o sábado 24 de xullo, ás 13.30 horas, na igrexa parroquial de Santiago. O alcalde, Antonio Fernández, será o encargado de entregarlle o cuarto galardón Padrón, Berce do Xacobeo, dentro do programa de actividades do Día do Peregrino.

“Trátase dun premio que entregamos cada ano a unha persoa de relevancia, que fará de embaixador padronés e do noso Camiño aló por onde vaia durante o próximo ano”, explica Fernández Angueira. O Padrón, Berce do Xacobeo é un galardón creado no ano 2017 polo Concello para homenaxear a figura do peregrino, en xeral, personificado nunha figura relacionada co Camiño. Así, nas tres edicións anteriores foron distinguidos o locutor radiofónico Pepe Domingo Castaño, o estudoso do Camiño Manuel Garrido e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os actos de conmemoración do Día do Peregrino comezarán ás 12.00 horas co Chronicón Iriense, unha visita teatralizada da man do actor Suso Martínez desde a igrexa de Santa María a Maior de Iria a Padrón. arca