Padrón e o CIM buscan candidaturas para os galardóns Rumorosas

Día da Muller
S.E.
Mulleres participantes na presentación do Rumorosas 2023 Foto/C.P.

PADRÓN. O Concello de Padrón e o Centro de Información á Muller (CIM) deron a coñecer as bases que rexerán a terceira edición dos Rumorosas 2023. Trátase duns galardóns que buscan poñer en valor o labor e traxectoria das mulleres, a nivel individual, ou de colectivos, asociacións, entidades ou agrupacións senlleiras que na súa actividade presenten un compromiso pola igualdade en xeral e pola igualdade de xénero en particular. A edición conta con dúas modalidades. A individual consistirá en 7 recoñecementos que se lles outorgarán ás mulleres nos ámbitos social, laboral, educativo, empresarial ou de emprendemento, artístico ou cultural, deportivo e altruísta. Na modalidade colectiva haberá só un recoñecemento para aquela entidade, colectivo, asociación ou organización que destaque pola súa traxectoria e actividade. s.e.