Papá Noel non vai faltar á cita ca rapazada nas urbes

Navidad
M.M.
Unha anterior visita de Papá Noel aos máis cativos do Concello de Ames. Foto: CDA

A Maía. A programación Nadal con Ames na Rúa continúa a pesar das recentes cancelacións por mor da situación epidemiolóxica, cunha das súas actividades chave: Papá Noel visitará nas próximas xornadas os núcleos urbanos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, co fin de escoitar as peticións da rapazada, coñecela e fotografarse con eles e elas. O xoves 23 de decembro será a quenda da biblioteca municipal da maior das urbes maiás, mentres que o venres 24 Papá Noel desprazarase ao auditorio da capital municipal. En ambas localidades, as visitas realizaranse de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, respectando a orde de chegada e a distancia de seguridade interpersoal. Lembrar que este xoves 23 actuará o Grupo Lume, que lidera o veciño de Ames e antigo cantante da orquestra Compostela, Miguel Torres, a partir das 18.00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro. E o luns haberá alí, á mesma hora, gala das Maianas. M.M.