Pecha o Banco Sabadell para a urbe do Milladoiro

Bancos
M.M.
Baixo que ata o pasado luns ocupaba o Banco Sabadell na urbe do Milladoiro. Foto: CDA

Ames. O Concello de Ames, co alcalde Blas García á fronte, vén de manter unha reunión con representantes do Banco Sabadell por mor do peche da oficina do banco no Milladoiro dende o pasado luns 18, unha localidade que suma 13.348 habitantes. Así, e aínda que non se acadou a reversión da decisión, que aseguran foi propiciada pola dirección central da entidade de crédito, si que serviu para refrendar o compromiso do tripartito ca cidadanía, “estando ao seu lado e apoiando calquera iniciativa para reverter o peche e os recortes neste tipo de servizos”, suliñaba o citado mandatario municipal.

Tamén asistiron en representación da administración local a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero (Unidas Podemos), e a tesoureira municipal, despois de reclamaren por carta un encontro coa entidade o pasado mércores 20. Pola banda do Banco Sabadell, acudiron o seu xefe de zona e o director da sucursal de Bertamiráns, Rubén Villar. m.m.