Pementos Carmucha felicita o Nadal cunha postal sobre a iniciativa solidaria Art for Dent

Solidaridade
C. G.
Membros da familia de Carmucha coa postal e o donativo. Foto: P. C.

Padron. A empresa padronesa Pementos Carmucha felicita as festas cunha postal na que apoian a iniciativa solidaria e artística de Art for Dent, asociación galega da enfermidade de Dent e doan 300 euros para a investigación, doazón que seguirán realizando durante 5 anos.

O protagonista desta felicitación é un Pemento Solidario creado por Hugo, un neno de 9 anos que ten esta doenza moi pouco frecuente que afecta gravemente á función dos riles. Dita doenza está diagnosticada en 10 casos en Galicia. Art for Dent está formada por 4 familias galegas e unha de Asturias con nenos afectados, que loitan por financiar a investigación desta enfermidade. c. g.