Pepe Domingo Castaño, Fillo Predilecto de Dodro

Nomeamentos
Claudina Estévez
Pepe Domingo Castaño. Foto: W.

DODRO. O vindeiro luns 29 o Concello de Dodro nomeará Fillo Predilecto do municipio ao xornalista nado en Lestrove, Pepe Domingo Castaño. O acto celebrarase no patio central do Palacio de Lestrobe (no lugar donde tradicionalmente se facía a festa, antes de ser destinado a hotel) despois dos actos habituais do luns dos afrixidos, a misa solemne, a procesión e a poxa dos ramos. Foron invitadas as autoridades da comarca, os veciños e veciñas de Lestrobe, “ademais todas as persoas que queiran asistir, xa que para o Concello de Dodro será a primeira vez que se entrega esta distinción a alguén nado no noso concello”, indican fontes municipais. O goberno local vén de nomear tamén Filla Adoptiva a Rosalia de Castro, e dedicou unha rúa en Imo a Moncho Reboiras, polo que Dodro iniciou o recoñecemento de todos os persoeiros ilustres da vila. Dende o Concello agradecen a Pousadas de Compostela a súa colaboración no evento. C.E.