Permisos ata o día 22 para as cacharelas de San Xoán

San Xoán
M. Outeiro
Unha das populares cacharelas que cada ano iluminan o Val da Maía por San Xoán. Foto: CA

a maía. O Concello de Ames abriu o prazo de solicitude de permisos para as cacharelas de San Xoán. Vaise alongar ata as 14.00 horas do 22 de xuño, e pódense pedir os permisos por email (rexistro@concellodeames.gal) adxuntando o modelo de solicitude da web.

Este ano, debido á propagación da pandemia, non están permitidas as cacharelas ou sardiñadas en terreos públicos, e soamente será posible realizalas en terreos privados. Só poderán facerse desta forma sempre que se respecte o número máximo de persoas que se poidan reunir. Esta limitación estará a disposición da normativa de emerxencia sanitaria en data 23 de xuño.

Lémbrase que a separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será, como mínimo, de 20 metros e tamén que as fogueiras non poderán superar nas zonas urbanas os dous metros de diámetro (tres no rural), seis metros de perímetro (nove fóra das urbes) nin os tres de altura. m. outeiro