Piden unión ós populares mazaricáns con Caamaño

Elecciones municipales
ECG
De pé, pola esqu., Trenor, Calvo, Caamaño, Ben e Freire. Foto: PP

Xallas. O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, apelou ao voto de todos aqueles veciños do Concello de Mazaricos que nalgún momento elixiron a papeleta do PP para que se unan ao proxecto que liderará José Manuel Caamaño no seu obxectivo de cambiar o goberno municipal na cita coas urnas do vindeiro 28 de maio.

Acompañado polo secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e arroupado por militantes e simpatizantes da formación local, Calvo avalou a candidatura de Caamaño, a quen lle encomendou formar un equipo “forte e unido” no que, subliñou, terán cabida todas aquelas persoas que son próximas ás “sensibilidades” e “valores” que defenden os populares.

Neste sentido, Calvo aproveitou a súa intervención para incidir na importancia de recuperar a “unidade” que necesita o Partido Popular de Mazaricos. “Neste Concello a xente é maioritariamente do PP. Iso é o que demostran nas eleccións autonómicas e nas eleccións xerais e agora toca que o demostren tamén nas municipais. E pola súa banda, Caamaño, que aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo realizado polos anteriores candidatos populares, recalcou o seu “sentimento de pertenza” a un municipio ao que regresa convencido de que pode achegar o seu gran de area para afrontar o futuro. ECG