Poesía e lenda na honra de Emilia Pardo Bazán no convento de Herbón

Centenario Pardo Bazán
S. E.
Imaxe da zona exterior do Convento de San Antonio de Herbón, en Padrón. Foto: C. P.

PADRÓN. No marco da celebración do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, o Concello de Padrón súmase ás múltiples homenaxes que se están a realizar nestes meses para honrar a esta figura literaria a través da organización das primeiras Tertulias Clandestinas. O sábado 26 de xuño a partir das 11.00 horas terán lugar no Convento de Santo Antonio de Herbón, espazo de referencia franciscana, as primeiras Tertulias Clandestinas. Trátase dun evento que se celebra coa intención de achegar a figura de Francisco de Asís a través desta gran muller visionaria que foi Emilia Pardo Bazán. O equipo do departamento de Turismo do Concello de Padrón, que lidera Lorena Couso, atópase inmerso na organización deste evento, dada a vinculación de Pardo Bazán e San Francisco de Asís, algo descoñecido para moitas persoas. s. e.