Portanxil verá melloras na súa estrada principal

Infraestruturas viarias
C.A.

ames. A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar a adxudicación da obra de mellora dos accesos ao lugar do Portanxil, na parroquia de Trasmonte. Dita obra foi adxudicada á empresa Tarrío y Suárez por un importe de 51.340,70 euros. Neste proxecto está incluída a pavimentación da estrada principal que atravesa a aldea do Portanxil. A obra, que se vai sufragar con cargo ao POS Adicional 1/2019 da Deputación Provincial da Coruña, executarase en dous treitos de 250 e 535 metros. O proxecto contempla a mellora da estrada principal que atravesa a aldea do Portanxil. Actuarase nun treito de 785 metros. Destaca o alcalde de Ames, o socialista Blas García, que “esta actuación vén a ampliar o número de melloras que se están a realizar no rural e coas que se pretende darlle continuidade ao plan de investimentos para a realización de melloras nos núcleos rurais e que veñen a significar un esforzo económico moi importante”. c.a.