PP e BNG enfróntanse polo trazado da AG-59 A Ramallosa-O Rollo

Autovias
ARCA
A deputada do BNG Montserrat Prado

Teo/ A Estrada. O trazado do proxecto de ampliación da AG-59 o seu paso polos concellos de Teo e A Estrada está a causar grandes discrepancias entre o BNG e o PP.

A formación frentista acusa ao PP de ter “intereses” ao empeñarse en seguir adiante cun trazado que “destrúe patrimonio etnográfico, cultural e paisaxístico, arrasa roteiros e terreos agrarios e divide parroquias”. A deputada Montserrat Prado reclámalle á Xunta que explique a súa negativa a modificar o trazado e recalca que supón “unha agresión en toda regra ao medio ambiente”,

Pola súa banda, o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, acusou no Parlamento ao BNG de “volver a súa esencia opoñéndose a calquera avance nas infraestruturas viarias de alta capacidade ao criticar a ampliación do treito desde A Ramallosa ata O Rollo da AG-59, cando este proxecto, “cumpre todos os requisitos necesarios e conta con todos os informes favorables”. arca