Prazas libres para rapaces no taller de xoias naturais

Joyería
M. Outeiro
Detalle dunha das pezas a elaborar. Foto: MH

Ames. A Aula da Natureza da Ameixenda segue organizando durante este mes diversas actividades dentro da súa programación de outono. O pasado 19 de novembro celebrouse un obradoiro de creación de xoias naturais para adultos, e este sábado, 26 de novembro, está programada unha nova quenda para a rapazada de entre 10 e 16 anos. Aínda quedan prazas dispoñibles, e as inscricións poden realizarse enviando a ficha da páxina web debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. A finalidade do taller é a creación de pezas inmersas en resina a partir de material recollido no monte (musgo, anacos de follas, mica...), e cada un dos asistentes elabora o seu propio deseño. Imparte Malas Herbas, e haberá bus, con saída ás 10.30 horas da casa da cultura do Milladoiro e ás 10.45 h. do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e regresará ás 13.45 á capital local e ás 14.00 á meirande urbe. M. Outeiro