Prazo ata o día 29 para os curso de natación de xullo

Natación
M. Outeiro
Nenos e monitor nunha anterior edición dos curso de natación nas piscinas amesás. Foto: CA

Ames. Coa chegada da época estival comeza o prazo de inscrición dos cursos de natación para o mes de xullo, que xa está aberta e alongarase ata o 29 de xuño, ao prezo de 20 euros por rapaz (10 para os segundos fillos e 5 euros para os terceiros).

Haberá catro quendas destas actividades organizadas en función da idade dos participantes. Porén, as persoas que prefiran acudir aos cursos de natación que se impartirán en agosto deberán realizar a inscrición entre o 11 e o 22 de xullo. A actividade está organizada pola concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. Respecto dos horarios, ás 11.15 h. comezarán de más de 10 anos; ás 12.00 os de 8 e 9 anos; ás 12.45 h. a rapazada de 6 e 7 anos e ás 13.30 os cativos de entre 3 e 5 anos. Anotacións na plataforma Cronos (impresos para o pagamento, nas oficinas de Recadación). Outra opción e a través do email ames@canaltributos.com ou chamando ao número 981 88 48 96. M.O.