Premio a Enreguéifate e Galegoempresas amesás

Premio
M. Manteiga
Premio Enreguéifate 2020, categoría escolar, pola agudeza de COV-Regueifeiras. Foto: PE

A MAÍA. A segunda edición dos Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, tivo na cultura amesá unha das súas valedoras á hora de decidir os gañadores na presente edición.

Deste xeito, e como mellor proxecto estabilizado, aquel que se leva desenvolvendo, como mínimo, durante cinco anos, escolleuse Enreguéifate e Regueifesta, mentres que na categoría de proxecto sectorial, por ser efectivo e exportable a outros concellos ou comarcas e por relacionar o uso da lingua con valores de calidade e proximidade, impúxose Galegoempresas. Ambos os dous son proxectos colaborativos promovidos polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles o de Ames.

Segundo aportan dende o Concello maián, recoñeceuse a Enreguéifate e Regueifesta como unha iniciativa estabilizada cos SNL de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo. m. manteiga