Premio a Protección Civil de Padrón polos 25 anos

Protección Civil
ARCA
Francisco García e Pablo Muñiz co premio concedido pola ANAV de España. Foto: C. P.

PadrÓn. A Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España concedeulle a Placa ao Mérito na súa categoría de ouro á Agrupación de Protección Civil de Padrón, en recoñecemento a un cuarto de século de servizo á poboación. O coordinador da entidade, Pablo Muñiz, e o concelleiro padronés Francisco García recolleron o premio nun acto celebrado o pasado sábado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. A distinción da ANAV Protección Civil España recoñece o traballo do colectivo de Padrón desde hai 25 anos. O traballo da agrupación padronesa é visible e imprescindible tanto en situacións de risco para a poboación como na coordinación e organización de diversos eventos festivos ou deportivos, o que demostra a flexibilidade e a profesionalidade do corpo. Para Francisco García este é “un recoñecemento ben merecido, ao que nos sumamos en nome de toda a cidadanía”. arca