Presentan o documental ‘Ames, Terra de acollida’

Documental
M. Outeiro
Vista aérea de Bertamiráns incluída no documental ‘Ames, Terra de acollida’. Foto: ATDA

A Maía. O auditorio da casa da cultura do Milladoiro acolle a estrea do documental Ames, terra de acollida este venres, día 28, ás 20.30 horas. Trátase dunha obra audiovisual sobre a industria e a actividade económica no municipio, e está producido por Xurdir Producións Audiovisuais, coa colaboración do Concello de Ames. Ata 17 proxectos empresariais diversos e representativos tiveron cabida nesta aposta por visibilizar os axentes económicos que serven de exemplo da puxanza deste municipio. No documental tamén se pode desfrutar dos principais atractivos culturais, turísticos e patrimoniais do concello amesán. A súa veciñanza, representantes do seu tecido asociativo e distintos persoeiros senlleiros, interveñen tamén cas súas testemuñas, para afondar na esencia desa terra. Xurdir xa realizou proxectos similares noutros 30 concellos de Galicia, que xa viviron actos de estrea similares nestes últimos cinco anos. M. Outeiro