Presentan os percorridos pola saúde nas urbes da Maía en pasos e minutos

Hábitos saludables
O.D. Vilar
Doli Folgar, Martínez, o alcalde Blas García e a edil Luísa Feijóo na presentación. Foto: CDA

A Maía. O tripartito de Ames presentou no Milladoiro a nova campaña Os Camiños da Saúde. Trátase de dous “pasominuto” que inclúen recorridos entre puntos de interese polas dúas urbes maiás medidos en pasos e minutos aproximados, de maneira que a veciñanza gañe saúde con cada paso.

Deste xeito, o rexedor Blas García, concelleiras e Doli Folgar, deseñadora deses “pasosminuto”, e pertencente á empresa Fotoegrafica, propuxeron diferentes tramos urbanos para facer camiñando, que van dos 50 ao 11.000 pasos en Bertamiráns, e dos 50 aos 8.000 pasos no Milladoiro. Un “pasominuto” é un mapa esquemático de percorridos entre puntos de interese das localidades medidos en pasos e minutos. “O obxectivo é incorporar na vida diaria da veciñanza o hábito de andar e gañar en saúde con cada paso que deamos”, din. ODV