Preto de 4.000 alumnos amesáns voltan ao cole

Educación
M. Manteiga
CEP de Ventín, que visitou o alcalde cos edís de Educación e Administración Xeral. Foto: CA

Ames. Un total de 3.837 alumnos deron comezo a un novo curso escolar en Ames. E, previamente, durante os meses de verán, no marco do plan de mantemento estival que se realiza todos os anos, o Concello executou diversos traballos de mantemento e reparación. Entre eles, o rexedor e o edil de Educación destacaron o pavimento do patio cuberto de Ventín, que visitaron.

Por centros, o censo educativo queda así: o CEP de Ventín ten matriculados 592 veciños; o CEIP da Maía suma 540, e Agro do Muíño, 501 estudantes. Ademais, na EEI Milladoiro hai 280 nenos, e no CEIP de Barouta, 221. Respecto das escolas unitarias que seguen funcionando, hai 15 na de Covas e 16 na de Ortoño. Por outra banda, este xoves tamén comezou o curso escolar nos centros de Educación Secundaria: no Instituto da capital hai 790 mozos e 542 no IES Milladoiro. Por último, hai que engadir 340 alumnos matriculados no concertado colexio Alca. M. Manteiga