Propón tráfico restrinxido para o barrio de Trabanca

Seguridad vial
María Rendueles
A concelleira do BNG cos veciños de A Trabanca

Padrón. O BNG de Padrón levou o pleno varias propostas para dar solución a situación de inseguridade vial á que están expostos os veciños de A Trabanca. Ao salón plenario acudiu un grupo de veciños do barrio padronés que están debordados coa situación creada e demandan solucións inmediatas.

Bea Rei, concelleira do BNG, trasladou ao pleno a inquedanza dos veciños e pasou a detallar a proposta, xa explicada aos residendes do barrio, que na súa inmensa maioría considerárona oportuna e necesaria para súa seguridade. Recordou que o tramo da Trabanca sempre supuxo un perigo para a veciñanza e os viandantes dado o estreito das beirarrúas e da propia estrada. Aclarou que tras a actuación promovida polo goberno do Concello de Padrón, o perigo vese incrementado.

O BNG defendeu a peonalización ou ben restrinxir o tráfico do espazo formigonado (Fonte do Carme - estreito da Trabanca) a residentes e a servizos públicos. Esta zona sería accesible a residentes (entre Fonte do Carme-cruce de acceso Santiaguiño do Monte) , servizos públicos e ás circunstancias especiais que o demandasen. O tramo tería limitado a velocidade a 20 km/h. M. Rendueles