Prórroga de catorce días para a construtora dos Xardíns do Milladoiro

Obras
Pedro Brea
Imaxe de dous obreiros traballando este mércores pola mañá nos xardíns. Foto: Redacción

ames O Concello de Ames decidiu o pasado xoves en sesión plenaria que, tras as numerosas fallas existentes aínda a día de hoxe no proxecto dos Xardíns do Milladoiro, se extenderá unha prórroga de catorce días e, no caso de non estar cumplidas as premisas impostas no contrato de adxudicación da intervención, procederase á apertura dun expediente á empresa construtora.

A obra tiña que estar xa recepcionada no mes de xuño e, agora, no mes de agosto, segue a haber problemas con elementos substanciais da mesma. Deste xeito, a zahorra empleada para cubrir as sendas non se acollía ao grosor especificado, e o sistema de regadío non cumpría co establecido no acordo entre o Concello e a empresa. Así pois, as obras reanudáronse na mañá deste mércores coa finalidade de que o parque esté listo o antes posible. pedro brea