Publicación tributo a Xela Arias no encontro literario

Encontro literario
M.M.
Xela Arias, a poetisa e escritora que foi homenaxeada nas Letras Galegas 2021. Foto: Xulio Gil

A Maía. As bibliotecas municipais amesás celebran un novo encontro literario co fin de presentar o Caderno Ramón Piñeiro número 44, unha obra colectiva dedicada a celebrar a obra da autora Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021. Será o vindeiro mércores 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O acto vai ser presentado por Luís Cochón, editor da publicación; Manuel González, coordinador científico da obra; e o escritor Xosé Ramón Fandiño, acompañados do alcalde de Ames, Blas García, e da concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar o aforo.

Esta publicación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades conta coa colaboración de 24 autores galegos, que aportan as súas achegas sobre a obra da escritora homenaxeada na última edición do Día das Letras Galegas: a escritora, poetisa e tradutora Xela Arias. M.M.