Quince padronesas no curso de defensa persoal

Igualdade
ARCA
Algunhas das alumnas co profesor. FOTO/C. P.

padrón. Un grupo de quince mulleres comezaron en Padrón o obradoiro de empoderamento feminino de artes marciais. Esta actividade inaugura a programación deseñada polo Concello con motivo da celebración do 25-N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A concelleira de Igualdade, Lorena Couso, agradeceu a asistencia ás participantes durante a inauguración da actividade e destacou que a formación en defensa persoal “axuda ás mulleres a ter máis confianza en si mesmas e implementar estratexias de prevención e detección de situacións perigosas”. Segundo Couso, este tipo de obradoiros permiten ás mulleres integrar na vida diaria hábitos de seguridade persoal que “promoven a confianza e a autoestima para poder superar situacións de risco”. O obradoiro desenvolverase todos os xoves deste mes de novembro no polideportivo municipal. Está impartido polo profesor David Orihuela Conde. arca