Recadarán fondos para o programa Vacacións en Paz cunha cea solidaria

Solidaridade
Redacción

Ames. Un ano máis, a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza, coa colaboración do Concello de Ames, unha cea solidaria co obxectivo de recadar fondos destinados a sufragar o programa Vacacións en Paz, unha iniciativa a través da que rapaces e rapazas de Tindouf (Arxelia) poden pasar o verán en Galicia, acollidos por familias voluntarias.

Ditos fondos destínanse integramente ao financiamento dos billetes de avión, e búscase que poida viaxar o maior número de crianzas posible.

A cea solidaria realizarase o sábado 25 de febreiro no Hotel Congreso, preto de Santiago, ás 21.00 horas. Haberá un menú para adultos, que custará 35 €, e outro infantil, por 23. De novo, os organizadores propoñen unha temática de ambientación. Desta volta, o tema é Misión espacial 2023. As persoas que o desexen poderán acudir disfrazadas. Para participar deben contactar con Esther Ybarra, voceira de Sogaps, a través do 609 764 945. redacción