Reforma integral do CPI bañés e aforro enerxético

Pleno Concello
M. Outeiro
Un momento do pleno ordinario celebrado este mércores na Baña. Foto: CDB

A Barcala. A Baña aprobou definitivamente (e por unanimidade) o orzamento 2022 no pleno deste mércores, no que tamén se crea o grupo de non adscritos, ao que se incorpora a concelleira Mónica González Blanco tras abandonar o PSdeG. Na sesión tamén se aprobou por unanimidade a nova composición das comisións informativas e o plan de infraestruturas rurais que acometerá a Consellería de Medio Rural en A Lagoa e outros por 44.998 €. Tamén por unanimidade modifícase a composición das comisións informativas de asuntos do pleno e a comisión de contas, que incluirán dous concelleiros do PP, un de Compromiso A Baña, un do PSOE e a concelleira Mónica González Blanco, xa fóra do grupo socialista. Ademais, o rexedor asegurou á oposición que se vai mellorar a eficiencia enerxética cunha reforma integral do colexio, CPI, e que “estanse a cumprir” os horarios do bus, se ben nestes días houbo algún que outro retraso. M. Outeiro