Regresa o festival Abride a Fiestra a Casa Rosalía o vindeiro día 17 de xullo

Festival
S. E.
Verto, os galegos que están de moda

Padrón. A Fundación Rosalía pon en marcha a 3ª edición do festival Abride a Fiestra, que terá lugar o 17 de xullo na Casa da Matanza e acollerá diferentes manifestacións culturais. Entre os protagonistas estarán Verto, a grande revelación musical da música galega, Berlai e Uxía en formato trío co proxecto Rosalía Pequeniña para os máis pequenos. Será unha xornada de portas abertas nas que ademais celebran os 50 anos da Casa de Rosalía, polo que o artista Kiko da Silva estará debuxando á poetisa na Horta da Casa da Matanza, canda outros moitos artistas agrupados baixa a asociación Galeoska. Tamén haberá teatro da man de Fran Rei e Isabel Risco como Dúo Vaguedades, interpretando a Rosalía e a Pondal. Soledad Felloza fará unha contada para público familiar, e tamén haberá unha cata de viños da adega Paco & Lola. s. e.