Rei reclama a reparación urxente do centro de saúde e aula Cemit de Padrón

Denuncia
S. E.
Algúns dos desperfectos que o BNG detectou no centro de saúde

Padrón. A concelleira do BNG, Bestriz Rei, vén de presentar un escrito no Concello demandando ao goberno municipal que repare de maneira urxente e inmediata as graves deficiencias que presentan os edificios e instalacións do centro de saúde e da aula do Cemit. O deterioro destas instalacións xa foi denunciado en varias ocasións polo BNG.

Os nacionalistas consideran que “a falta de investimento para o mantemento e coidado das instalacións municipais deste goberno do PP fixo que os problemas denunciados vaian a máis”,

Explican que no centro médico a sala de fisioterapia presenta goteiras, o falso teito estase desfacendo e o chan presenta irregularidades e gretas que dificultan a limpeza e desinfección. Material sanitario como camillas e outro mobiliario presentan roturas e desprenden mal olor. En canto a outra instalación, a sala do Cemit, din que o falso teito está desaparecido. s. e.