Remata a preinscrición nas garderías locais ó 19

Escolas infantís
M. Outeiro
Una das escolas infantís de titularidade municipal, neste caso a do Bosque. Foto: CDA

Ames. O prazo de preinscrición para o curso 2022-2023 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro) está aberto en Ames ata o vindeiro martes 19 de abril, segundo a concellería de Educación.

Unha vez adxudicadas as prazas, abrirase o prazo de formalización de matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. Previamente, publicaranse as listas provisionais de admitidos e admitidas na páxina web municipal, na web conciliames.gal, e nas propias escolas infantís. A documentación a presentar pódese descargar preferentemente na páxina web conciliames.gal. Outra opción é recollela nas dependencias das escolas infantís municipais. Este ano debido aos festivos de Semana Santa e que o luns 18 é festivo local en Ames, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 19. Tras cubrir o impreso, pode entregarse pola Sede electrónica ou nas propias escolas. M. Outeiro