Representan ‘O porco de pé’ de Risco este venres

Teatro
M. Outeiro
Tres actores de Producións Excéntricas na adaptación de ‘O porco de pé’, de Risco. Foto: PE

A Maía. A compañía Producións Teatrais Excéntricas achega a Ames a obra O porco de pé, unha representación da clásica novela de Vicente Risco. A adaptación da sátira, orixinalmente baseada nos anos vinte do século XX, mostrará un relato de corrupción política, amor e personaxes grotescos e caricaturescos. Será este venres 30 de setembro, ás 20.30 horas, no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns, e as entradas poden adquirirse xa na billeteira electrónica.

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. Coa representación de O porco de pé, Producións Teatrais Excéntricas busca reinventar este retrato da sociedade da Xeración Nós, cunha obra chea de fenómenos e monstros de barracón. Unha sucesión de grotescos personaxes, caricaturescos como marionetas, representan seguindo os principios da farsa popular unha historia de corrupción política e amor. M.O