Respaldan o recoñecemento da Vía Celtica dende Dubra pola súa relevancia económica e histórica

Caminos de Santiago
M. Outeiro
Igrexa valdubresa de Paramos, por onde pasa a Vía Céltica. Foto: MG

Dubra. O novo itinerario xacobeo Vía Céltica, presentado polo presidente da asociación xalleira Costavales, Manuel Amigo, a finais do 2021, segue a sumar apoios despois de que o coengo delegado de Peregrinacións da Catedral de Santiago acordara o seu recoñecemento oficial. E esta vez veñen de Anova Dubra, pola súa importancia para o patrimonio histórico e a economía.

Trátase dun Itinerario xubilar que une os portos da Costa da Morte e de Bergantiños coa igrexa de Santa María de Paramos e continúa, pasando por Portomouro, ata catedral Compostelana, dende tempos históricos. Segundo Antonio Negreira, líder de Anova Dubra, “o recoñecemento oficial viña sendo demandado desde hai tempo por diversos colectivos”, e xa permite obter a prezada Compostela ao chegar á capital de Galicia

A súa acreditación como ruta de peregrinación “pode contribuir moi positivamente ao desenvolvemento económico e cultural .de Val do Dubra o favorecer a chegada de moitas persoas”, explican, polo que piden que o goberno municipal se implique “seriamente, tal como xa están a facer outros concellos”. M. Outeiro