Respostarán ás dúbidas sobre extranxeiría o 1 no Milladoiro

Extranjería
M.M.
Tres veciñas co traxe venelozano nas xornadas amesás sobre interculturalidade. Foto: Avesanti

A Maía. A Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (Avesanti) organiza un obradoiro informativo sobre a reforma do Regulamento de Estranxeiría o xoves 1 de setembro. Trátase dunha xornada aberta ao público xeral que dá comezo a un ciclo de talleres sobre asesoría legal. O obradoiro terá lugar ás 19.00 horas no antigo centro de saúde do Milladoiro, a cargo da avogada Lorena Fernández Boullón (anotacións en avesanti2017@gmail.com, ou WhatsApp 620 96 85 52).

A Asociación Avesanti, coa colaboración da concellaría de Benestar Social, vai comezar este próximo xoves 1 de setembro un ciclo de obradoiros sobre asesoría legal a cargo da avogada Lorena Fernández, especialista en dereito laboral, civil e estranxeiría.

Deste xeito, o primeiro taller informativo centrarase na reforma do Regulamento de Estranxeiría en España. Ademais de expoñer e comentar os seus aspectos máis relevantes, abordaranse temas de especial relevancia na nova norma, que inclúe a creación dun novo modelo de arraigo para a formación; a actualización das figuras de arraigo social, laboral e reagrupación familiar ou a facilitación da permanencia e o traballo dos estudantes. M.M.