Retratar os lugares con máis aquel levará premio

Certamen de fotografía
M. Outeiro
Titulillo. Piedefoto. Foto: autorfo

A Maía. A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello, organizan a segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames.

As persoas participantes deben de ser maiores de idade e presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do Concello de Ames. Admítese unha imaxe por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 13 ao 24 de maio de 2022. As fotografías teñen que ser enviadas por correo electrónico (a enfocames@gmail.com).

Precisamente, o presidente da patronal XEA, Jorge López, e mailo concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, presentaron o certame, lembrando que na edición do ano 2021 superáronse os 50 participantes. M.O.