Rexeitamento do Bloque de Padrón á suba de taxas

Impuestos
ARCA
Imaxen dun pleno da Corporación de Padrón

Padrón. O BNG de Padrón amosou o seu rexeitamento á suba da taxa polo servizo de auga e sumidoiros que foi aprobada pola Corporación Local, co voto en contra da formación nacionalista, no último pleno. A voceira, Bea Rei, sinala que “este non é o momento de obrigar á cidadanía a enfrontar unha nova suba de impostos indirectos, que significa unha suba de igual porcentaxe independentemente dos ingresos das diferentes familias. Unha suba que supón case un 17 %”.

A concelleira do BNG resalta a incoherencia do Partido Popular, “pois, mentras Feijóo pide ao goberno do Estado que baixe os impostos e utiliza esto como argumentario para atacar ao executivo, o mesmo partido fai o contrario no Concello onde goberna e aplica subidas de impostos nun momento sensible para a economía das familias e de pequenas e medianas empresas, escollendo, unha vez máis o peor momento para facelo, demostrando así a súa incapacidade para gobernar”.

Lamenta Rei que esta incapacidade “a paguen agora os máis vulnerables, os que xa están afogados pola grave situación económica que vivimos e agora, por encima, teñan que facer fronte a unha nova suba nun servizo de primeira necesidade”. arca