Ritmos de Venezuela para as noites amesás de verán

Festival de música
M. Manteiga
Unha veciña de Ames de orixe venezolana nunha exaltación gastronómica local. Foto: CA

Ames. Sudamérica, e en concreto, Venezuela, vai estar ben representada na oferta cultural da capital maiá estes días. Así, o programa AmesON organiza sendas galas con musicais os vindeiros días 11 e 13 de agosto.

Así, un novo concerto chegará este mércores a cargo do grupo Aires de Orinoco, que actuará no Parque de Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas para tocar a mellor música latina. A actuación, que estaba prevista para o pasado 8 de agosto, tivo que ser aprazada a esta nova data por mor das condicións meteorolóxicas.

Pero os ritmos latinos non rematan aí, e continuarán animando ao público dos concertos organizados polo AmesOn, que a concellería de Promoción Económica ideou para dinamizar a cultura e a economía locais neste verán 2021. E a próxima actuación deste programa será o vindeiro venres día trece de agosto co concerto de Sond de Caracas na Praza de Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas. m.m.