Rois aproba a firma do convenio para a depuradora de Urdilde

Pleno Concello
ARCA
Un momento da sesión plenaria en Rois

Rois. O pleno de Rois aprobou por unanimidade firmar o convenio con Augas de Galicia para que o organismo redacte o proxecto e acometa a construción da nova depuradora de augas residuais de Urdilde, que terá un orzamento próximo ao millón de euros. Os tres grupos políticos coincidiron na necesidade de mellorar o saneamento de Urdilde, xa que a actual depuradora non ten capacidade para acometer a función. Ás preguntas de BNG e PSdeG sobre cal era o proxecto, o tipo de instalación que se vai acometer e a ubicación, o alcalde replicou que será Augas a que redacte o proxecto, para dar unha solución de futuro á parroquia de Urdilde, e que a instalación contará coas últimas tecnoloxías. Por unanimidade aprobouse tamén a moción do BNG para solicitar ao Goberno central que estableza medidas para reducir a tarifa da luz. arca