Rois convoca o concurso de carteis de San Isidro

Festas
ARCA
Procesión del santo nas festas de San Isidro de Rois

rois. O Concello de Rois vén de convocar o concurso de carteis do Santo Isidro Labrador para promocionar as festas patronais. No certame poden participar maiores de 14 anos. As técnicas a usar son libres, e a temática é enxalzar o municipio e as festas. Cada participante poderá presentar dous traballos en formato vertical. Recoméndase enviar as obras por correo electrónico antes do 26 de abril, ás 14.00 horas. Os carteis deben ser A3 vertical (29.7x42) e tamén podense entregar no Concello ou por correo postal. O gañador levase 120 €. arca