Rois da luz verde a un orzamento de 3,7 millóns de euros para este ano

Orzamentos 2021
ARCA
Un momento do pleno telemático

rois. O pleno da Corporación de Rois aprobou onte definitivamente o orzamento de 2021, que ascende a 3,7 millóns de euros, ao quedar rexeitadas as alegacións presentadas por USO sobre o cadro de persoal. O goberno (6 votos do PP) desestimou as propostas do sindicato, que apoiaron socialistas (3 votos) e nacionalistas (1). O alcalde, Ramón Tojo, asegurou que o PP foi o que fixo a primeira funcionarización de traballadores municipais neste século, recriminándolle a PSdeG e BNG que non fixeran durante o goberno bipartito. Tanto BNG como PSdeG respaldaron as alegacións de USO, e consideran que o Concello debería converter en funcionarios a traballadores temporais e cubrir as vacantes. A socialista Patricia Ces dixo que a subrogación de persoal prevista cando se municipalice o Servizo de Axuda a Domicilio pode ser contraria á lei. arca