Rois desenvolve unha campaña de compostaxe

compostaxe
ARCA
Composteiro doméstico

ROIS. O Concello de Rois iniciou unha campaña de compostaxe doméstica e anima veciñanza a inscribirse neste proxecto de loita contra o cambio climático. A compostaxe doméstica axuda tanto a acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible como a reducir a pegada de carbono. O Concello pretende que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo nos propios fogares. A iniciativa conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado cos NextGeneration EU. O seguimento da campaña prolongarase durante un ano. Participar no programa é de balde e abonda con completar un formulario en liña (https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos/) ou enviar unha mensaxe a biorresiduos@elcaminosostenible.org. Unha vez inscrito, contactarase vía telefónica para proceder á instalación do composteiro na casa. C. G.