Rois reforza os servizos sociais incorporando dous técnicos

Contratan coas axudas da Deputación un traballador de turismo e outra de igualdade
Servicios Sociales
ARCA
Os tecnicos coa concelleira de Servizos Sociais de Rois

Rois. O Concello de Rois acaba de reforzar o seu cadro de persoal e incorpora por primeira vez a unha técnica de igualdade e a un técnico de turismo, e reforza o departamento de Servizos Sociais cunha nova traballadora social. Nos tres casos, as contratacións manteranse ata decembro cunha subvención da Deputación da Coruña.

Segundo explican, o equipo de goberno de Rois decidiu darlle un pulo importante ao plan de igualdade, que se aprobou este ano en pleno, e á promoción turística do municipio, motivo polo que profesionais destas dúas áreas están xa traballando. “Rois ten un gran potencial turístico, que quero poñer en valor incentivando o patrimonio natural, cultural e etnográfico”, explica Alexandre Blanco Roo, que vai compaxinar o seu traballo cos concellos de Dodro e Lousame.

Os principais obxectivos que se propón desenvolver este mozo son os de “crear rutas guiadas, potenciar as que xa están sinalizadas e fomentar e incentivar a educación ambiental” para que a veciñanza do municipio e doutros lugares poidan descubrir todos os atractivos que ofrecen.

Pola súa banda, o pasado marzo, a Corporación de Rois aprobaba o segundo Plan de Igualdade, e dende este verán incorporouse ao concello Maruxa Ledo como técnica de igualdade para reforzar o desenvolvemento deste plan e, entre outras funcións, “fomentar o empoderamento das mulleres e pór en marcha accións de corresponsabilidade que sirvan para equiparar o traballo de mulleres”. arca