Rois vai manter abertas ata o 21 as inscricións do seu Divernadal

conciliación
ARCA
Cartel anunciador do Divernadal de Rois

rois. O Concello de Rois abriu o prazo de inscrición para as actividades de conciliación e ocio do Divernadal, dirixido a nenos e nenas a partir de 4º curso de Educación Infantil. As familias interesadas poden solicitar praza cubrindo o formulario na web municipal ata o luns 21 de novembro. Desenvolverase entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro (agás os festivos). O horario, de 9.30 a 14.30 horas, pode ampliarse co servizo de amencer, que comeza ás 7.30 horas. O prezo é de 50 euros sen amencer e de 65 € con este servizo, mentres que os que opten por días soltos deberán abonar 5 ou 10 euros se desexann o amencer. arca