Rosalía de Castro decora as camisetas da rapazada

Día de Rosalía
M. Outeiro
Rapaces despois dos obradoiros de pintado de camisetas cas monitoras. Foto: CA

A Maía. O Día de Rosalía de Castro celebrado o pasado 23 de febreiro tamén implicou activamente as bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro, que organizaron un obradoiro de pintado de camisetas nos que participaron 44 persoas. No caso da sede ubicada na meirande urbe amesá, tomaron parte dezasete rapaces, mentres que á da casa da cultura da capital municipal acudiron quince. Ademais, fíxose unha sesión na que participaron unha ducia de integrantes da asociación Arcea Adames. As actividades estiveron dirixidas á rapazada que está cursando primaria (de 3º a 6º de Educación Primaria), e os asistentes poideron decorar as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballaron ao longo da xornada, e pintaron unha ilustración co seu retrato. do mesmo xeito, houbo unha terceira sesión na biblioteca do Milladoiro o xoves 24 de febreiro que estivo dirixida aos usuarios da asociación Arcea Adames. M. Outeiro