Ruta de Apego pola ribeira do Tambre o vindeiro día 10

Apego
M. Outeiro
Un indicador da Ruta do Apego que percorrerán o día 10 pola beira do Tambre. Foto: CA

Ames. O programa Apego de Ames organiza o venres 10 de xuño unha saída pola súa Ruta do Apego, situada nas ribeiras do río Tambre, entre os lugares de Lens e Oca. Na xornada realizarase un percorrido guiado, así como varias actividades ambientais para estimular o coñecemento e o amor polo patrimonio ambiental, cultural e lingüístico.

Será das 16.30 ás 19.30 horas, con servizo de autobuses dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. As inscricións para a actividade poderán realizarse dende hoxe ata o xoves 9 de xuño, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas. En caso de choiva, suspenderase a saída.

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos, e busca a socialización na lingua de Rosalía. M. Outeiro