Ruta guiada polo sendeiro das Penicias, o día 26 en Rois

Sendeirismo
ARCA
Sendeiro das Penicias, no municipio de Rois

Rois. Promover a natureza e o patrimonio de Rois é un dos obxectivos que se marcou o concello coa contratación do primeiro técnico de Turismo co que conta o municipio. Unha ruta guiada polo sendeiro das Penicias, o próximo domingo 26, será unha das primeiras accións que se van poñer en marcha nesta liña.

Esta ruta guiada permitirá ás persoas asistentes gozar das excelentes paisaxes de Rois, dos seus bosques de ribeira, e coñecer un pouco máis da historia do municipio. Neste caso, a milagreira fonte de San Mamede, o conxunto de hórreos da Casa do Porto, as pasarelas que cruzan o río Rois ou o descanso a carón do río Tinto.

A asistencia a esta ruta guiada é de balde, pero requírese inscrición previa. arca