Santa Comba sondea os industriais para ampliar
o polígono da localidade

Polígono industrial
El Correo Gallego
Alcalde de Santa Comba, David Barbeira. Foto: X.M.L.

Santa comba. David Barbeira, alcalde do Concello de Santa Comba, mantivo a semana pasada unha reunión con Heriberto García, director do Instituto Galego da Vivenda e Solo para estudiar a viabilidade dunha ampliación do polígono industrial.

Antes deberá sondear aos empresarios que estarían interesados neste tipo de solo e poder estimar a superficie que precisaría para avanzar nunha primeira fase de ampliación do parque.

Unha vía de axuda con este organismo sería asinar un convenio para facer o desenvolvemento do proxecto sectorial. O Concello, que ten o compromiso de que o IGVS será o promotor do proxecto de urbanización, poñerá a disposición dos interesados un formulario na páxina web e nas redes sociais para que comuniquen ao Concello o interés por adquirir solo industrial no polígono. c.s.