Segue a aposta da Xunta polo legado de Ardeiro

Premio
M. Manteiga
Autoridades e secretario xeral Lorenzo con veciños e representantes da cultura. Foto: CN

Negreira. Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura, aplaudiu en Negreira a presentación de Furtivas, obra gañadora da X edición do Premio de Poesía Xose M. López Ardeiro, onde destacou o apoio da Xunta de Galicia “a este e outros certames que impulsan a produción literaria en galego”. E tamén ratificou a aposta autonómica pola próxima edición, que admitirá traballos do 26 de xullo ao 1 de decembro deste ano.

O representante da Consellería de Cultura puxo en valor a aposta das administracións locais por este tipo de iniciativas, “grazas ás que saen do prelo as obras de moitos novos creadores e que contribúen a consolidar a carreira de moitos outros”.

Ao fío, Lorenzo quixo tamén ter un recordo para o finado Domingo Villar, “cuxo traballo tamén foi recoñecido cun galardón impulsado desde unha entidade local, neste caso de Boborás”, e tivo tamén palabras de lembranza pola frutífera obra do vate Ardeiro. M.M.